BatAss&Co é un Estudio de Arte con sede en Santiago de Compostela, Galicia, dirixido polo escultor Marcos Lorenzo, tamén propietario do estudio de Toy Art SomeStrangeThings fundado antes en Barcelona en 2014.
BatAss&Co naceu inicialmente coma unha marca de fabricación de accesorios para bonecas BJD e figuras articuladas similares, e desenrólase posteriormente coa evolución natural coma taller da marca SomeStrangeThings, extendendo o uso de técnicas mixtas analóxicas e dixitais na construción de esculturas doutros tamaños, materias diversos para outros artistas e outros eidos artísticos.
Principalmente o que facemos é axudar ós creadores a cruzar en ambos sentidos as fronteiras entre procesos tradicionais e modernos, físicos e dixitáis, e facémolo sen complexos.
O noso obxeto é ofrecer servizos profesionais aos artistas, artesáns, creadores e deseñadores que queiran desenvolver ou reproducir as súas ideas orixinais, e que vexan unha oportunidade ou non vexan bloqueado o seu traballo porque non teñan acceso a técnicas físicas, dixitais ou capacidade para interrelacionalas. Podemos acompañar e axudar en cada paso do proceso creativo de levar as túas ideas ao mundo.
Ofrecemos unha variedade de servizos como fabricación de moldes, casting de resina, dixitalización, escultura analóxica e dixital, impresión 3D e servizos CNC, pintura e outros acabados de superficie. Pero principalmente o que facemos é axudar ós creadores a cruzar en ambos sentidos as fronteiras entre procesos tradicionais e modernos, físicos e dixitáis, e facémolo sen complexos.


